sábado, 14 de junio de 2008

O conto dos gatiños

Colás estaba asustado polo sangue que manaba das rabuñaduras que a gata lle fixera a Besaida e ao mesmo tempo, nervioso porque as sementes falangueiras acertararan ao cantaruxar " Morreu un gatiño.¡ déixao morrer! outro pequeniño logo irá tras del". ¿ Morrería outro en horas próxi-mas? quizais pero el tiña que marchar pois o seu pai seguramente estaría preocupado pola súa tardanza.
Aquela noite non durmiu nada pensando no sucedido e preguntouse se a súa amiguiña podería conciliar o soño, despois da forte experiencia que vivira .
A nena non foi a escola ao día seguinte pois tiña febre e sentía dor pero Colás non fixo comentarios mais cando regresou á súa casa pasou antes a visitar a Betsi para saber como se atopaba e, como xa supoñía ela tampouco durmira ben aquela noite pois os pesadelos turbaran os seus soños. É o que adoita suceder cando algo insólito ocorre na túa vida, como lle sucedeu a ela desde que arrincou a cabaciña daquela horta .
Nicolás contoulle que, na escola, todos sabían o ocorrido con Lume, a gata agresiva que a rabuñara. pero ignoraban que un gatiño morrera e non sabían tampouco nada das sementes falangueiras. El quería ver de novo os gatiños, prometéndolle á nai da súa amiguiña que non se achegaría á gata porque podía correr a mesma sorte que Betsi.
Como xa coñecía o camiño, foi ao faiado sen necesidade de que ninguén o orientase e observou os acabados de nacer, todos engruñados para se dar calor . Tiña que haber seis pero só contou cinco . ¿ Onde estaba o sexto pequecho ?
Oíu un estalo e mirou cara o balcón de madeira que había no faiado e, metido entre dous barrotes
encontrábase o corpo doutro pequeno gatiño morto. Colás alarmouse ante aquela visión e marchou de alí apresuradamente.
¿ Xa viches os miquiños ? preguntou Betsaida, con ansiedade.
-Sí, están todos ben, menos un.
-¡Oh!...¿ está enfermo?
-Non, Betsi. Xa non respira.
A nena botouse a chorar e dixo entre saloucos ¡ non quero que morran máis gatiños!.

1 comentario:

Otilia Seijas dijo...

A Marina le encanta este cuento.